Plácido: Siente a un pobre a su mesa
Noticias
soltas sobre a crise económica

Dicían que o da crise económica era tan só unha "aterraxe
suave
", que non había que poñerse nerviosos, que a man invisible do mercado
encargaríase de poñer cada cousa no seu sitio. Pero
os
prezos dos productos básicos non deixaron de subir
, o que sumado á constante
alza
do euríbor
levou a moitas familias a unha

situación abafante
, con perigo incluso de

perder a súa vivenda
. Para facer fronte á situación, os liberais opostos a
toda intervención do Estado en asuntos de mercado, pediron

intervención
,

intervención
e

intervención
. E o Estado intervíu:
baixóulles os impostos aos
ricos
para que

non perderan beneficios
e para que estas navidades poideran comer

angulas
,

caviar
e outros

productos de luxo
. E como a crise económica só
se debe á
ignorancia dos asalariados
, tomóu outra serie de impactantes medidas para
atallar radicalmente o problema:
non
dar propinas
, que crean moita inflación;

comer coello
, que é barato e non ten colesterol; e

moderar as subas salariais
, que para comprar coello chega con pouco. E así
todos tan contentos a celebrar o Nadal. ¡Felices Pascuas e Próspero Aninovo!

Algunhas suxerencias para a cea de Nadal:

dalmore.gif
39.000 €


980 €


JAMON

342 €


6.000 €

perrier_jouet_belle_epoque.jpg
1.000 €

FortressAquamarine

Articulo original en Fírgoa – Humor